Number of articles: 469

Mons. Asenjo propón "un sacerdote máis próximo aos homes e a Deus"

O arcebispo de Sevilla, Juan José Asenjo Peregrina, presidiu onte a XXXIII Xornada Pastoral para sacerdotes, que se celebrou no Centro de Convivencias de Olbeira, en San Miguel de Deiro, e que contou coa participación dun centenar de curas de toda Galicia.

Do Opus Dei

Camiño de Santiago, camiño da vida. 25 anos facendo o Camiño

O meu enderezo electrónico é "peregrina2010@yahoo.es" aínda que me chaman Conchita. A razón é que o Camiño de Santiago "engaioloume". Este verán fíxeno por 25.ª vez.

"Ensinamos aos nenos a valorar o que paga a pena"

"Temos de todo, nenos musulmáns e nenos cristiáns e son todos moi respectuosos entre si". Rafa Vallés dirixe unha entidade en Ourense que apoia aos pais ofrecendo actividades para os seus fillos

Novo website sobre San Josemaría

www.josemariaescriva.info, o website sobre San Josemaría, renova o seu deseño e incorpora novos contidos. Trátase do espazo máis completo de Internet para coñecer o "santo do ordinario".

Do Opus Dei

“Ledicia cativa”

Mercedes e José Manuel son os fundadores da asociación de Ourense "Lediciacativa", que acolleu en Galicia, durante os últimos 10 anos, a máis de 400 nenos rusos afectados polo accidente da central nuclear de Chernobyl en 1986.

Do Opus Dei

O 6 de outubro con palabras de Xoan Paulo II

O día da canonización de San Xosemaría as palabras de Xoan Paulo II abriron un panorama en moitos corazóns. O Papa presentaba a Igrexa enteira ao Santo do ordinario. Esta é unha selección das súas palabras.

Do Opus Dei

"O sacerdote é un supercondutor que comunica a graza de Deus sen perdas"

Ordénase en Torreciudad o enxeñeiro industrial vigués Diego Pérez Gondar, profesor da Escola de Enxeñeiros de Vigo e do colexio Montecastelo.

Ángel Lasheras, novo Vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia

O prelado do Opus Dei, Mons. Javier Echevarría, nomeou a D. Ángel Lasheras Presas Vicario da Delegación en Galicia, en substitución de D. Borja de León González, que foi nomeado Director Espiritual para a circunscrición de España.

Do Opus Dei

"Ter unha familia numerosa obrígache a estar sempre en forma"

Patricia Donesteve é arquitecta e é de Vigo, Pablo Poole é de Bilbao e estudou ICADE e é master do IESE. Casaron hai 16 anos e agora teñen dez fillos.

"Ser sacerdote é unha necesidade e unha chamada"

O sábado 23 de maio, o Prelado do Opus Dei ordenou 30 novos sacerdotes en Roma. Proceden de 12 países diferentes. Ofrecemos unha entrevista cun deles, Ricardo López-Pardo, procedente de A Coruña.