Number of articles: 328

Conversas de novela que axudan a facer familia

«Máis dunha persoa que leu a novela díxome que lle está axudando moito nas relacións entre ela e o seu marido», asegura a doutora viguesa Isabel Coma autora da novela «O marido de Carlota». Para esta cardióloga e escritora «a boa literatura é a que chega ao corazón e aos afectos».

Manual para disfrutar do Nadal… e da vida

A ferrolana Mar Dorrio acaba de publicar o libro “Calendario de Adviento” (Eunsa). Esta nai de doce fillos _e outros catro que están no Ceo_ conta como vive o Nadal a súa familia, a importancia dos preparativos, como as portas da súa casa están abertas aos amigos dos seu fillos ou como pide axuda ao Espíritu Santo [“temos que premer máis veces a tecla de help pidíndolle axuda”].

De Kenia a Vigo para atopar a fe

​Anastaçia chegou á fe cristiá por medio da familia, pero cunha traxectoria diferente á de moitas outras persoas. Naceu nunha pequena cidade chamada Kisii, preto de Nairobi, e despois de estudar Psicoloxía e Criminoloxía viaxou a Vigo para desenvolver un proxecto internacional... e atopar á fe.

Moda galega para o comezo do curso

No Colexio Maior Arosa non todos os anos empezamos o curso con tanto glamour. Este tivemos a sorte de contar cunha invitada que é un referente no mundo da moda: Adriana Domínguez, a Conselleira Delegada de Adolfo Domínguez.

Estudantes galegos levan educación, ladrillos e fútbol a Camerún

Oito universitarios galegos pasaron as vacacións de verán na posta en marcha dun programa de apoio á educación en Camerún e na construción de dúas novas aulas do colexio Azobe en Yaoundé, a capital do país.

Club 55

Un requisito e moita ilusión para axudar onde queira que sexan necesarios. Unha historia que demostra que a idade non é un impedimento para saír de casa e cociñar, falar de temas de actualidade e montar un grupo de música para amenizar as tardes de persoas necesitadas.

Isidro Fontenla Armadá, novo vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia

O prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, nomeou a Isidro Fontenla Armadá vicario da Delegación da Obra en Galicia. Sustitúe a Ángel Lasheras Presas, que foi designado director espiritual desta mesma Delegación.

Do Opus Dei

Historias de presidiarios futbolistas e dunha planta de Pediatría

Un estudante de Criminoloxía promove unha iniciativa social para presos dun cárcere galego e outros amigos do Colexio Maior A Estila fan todo o posible para que os nenos -e os pais- pasen un tempo de ledicia na escola infantil dun hospital de Santiago.

Ignacio Barrera, novo vicario rexional do Opus Dei en España

O prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, nomeou a D. Ignacio Barrera vicario rexional da Prelatura en España. Ata agora era vicario da delegación do Opus Dei en Valencia. Substitúe a Mons. Ramón Herrando Prat de la Riba (Barcelona, ​​1944), que ocupou ese cargo dende 2002.

Do Opus Dei

“Rezo cada día polas persoas que mataron ao noso pai”

José Araluce relatou no Colexio Maior Arosa como cambiou a vida da súa familia tralo asesinato do seu pai, un feito do que foi testemuña